- Montaxe da estrutura de ferro, ancorando as vigas principais a vivenda e soldándoas aos piares.
- Pintado da estrutura para protexela contra o óxido.
- Aparafusado das vigas de madeira a unhas platinas soldadas anteriormente as vigas principais de ferro.
- Presentación e aparafusado do panel Sándwich as vigas de madeira. Este tipo de panel queda rematado pola parte inferior, trae unha capa de illamento e unha chapa de aglomerado na parte superior.
- Engadimos unha chapa de metacrilato cada tres metros para darlle máis luz ó noso pórche.
- Rematado con tela asfáltica, selando as esquinas do metacrilato con silicona específica e rematado dos laterais con ángulos de aluminio.
- Barnizado de toda a madeira para alongar a súa vida.